18 septiembre 2012

Sunflre + Durarará no Liceo Mutante!!



Venres 21 de setembro ás 21:00

Este venres o Liceo vístese de gala para celebrar unha velada rebosante de electricidade estática.

Os lisboetas Sunflare enfocan o rock máis arriscado dende unha actitude punk que fai posible as progresións de torrentes de ruido nas que consisten as súas pezas. Buscade similitudes con Mugstar,Fushitsusha, Comets On Fire ou Unicornibot

http://www.myspace.com/sunflarefuzz

http://soundcloud.com/sunflaresound

Dende Vigo chegan Durarará, un trío formado por xente de Guerrera, Clover ou Buogh! que darán outra dose do seu power pop con un pé na experimentación noise.

http://durarara.bandcamp.com/
http://www.myspace.com/durararaband

Todo isto por 4 € de donativo na entrada que vai destinada íntegramente aos grupos.