29 julio 2014

Té con Kant de Inversa Teatro



unnamed

Venres 1 de agosto ás 21.30

Despois do exitazo na súa primeira visita volven ao Liceo as nosas prusianas favoritas para seguir facéndonos pensar e rir durante un bo anaco.

Té con Kant, o espectáculo de Inversa Teatro, escrito, dirixido e interpretado por María Caparrini e Marta Pérez.

Un espectáculo onde o humor, a ironía e a filosofía van da man para promover á reflexión (e acción) do público asistente, pasando pola manipulación de obxetos, video-proxeccións, fotomontaxes, recortables e teatro de sombras.
Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia, onde as súas actrices e creadoras María Caparrini e Marta Pérez tentan exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, así como examinar as vantaxes e inconvenientes morais da época ilustrada. Baixo o espectro do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant, exploran o porqué do fracaso da ilustración e a súa absoluta confianza na razón humana para dar paso á nosa época post-moderna na que predomina o fragmento e a decepción. É posible aínda un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada ou esta é ad infinitum unha condena ao fracaso? Todo iso, será razoado entre as creadoras e o público baixo a invitación dun exquisito té.

Pedirase unha contribución de 5 € destinados integramente á compañía