10 enero 2014

Teatro no Liceo: A farmacia de Chejov



chejov

Venres 10 de xaneiro ás 21.30

‘A farmacia de A. Chejov’ é un espectáculo para un actor, composto a partir de catro textos do célebre autor ruso. Está dividido en duas partes e inclue un descanso para refrixerio dos participantes, sendo a duración aproximada da obra dunha hora e media.

Na primeira entrega, o actor ÁNGEL SIMÓN interpreta unha versión de relatos ou contos humorísticos: ‘Tras el biombo’, La Homeópata’ ou ‘El Vengador’.
Na segunda, EUDOSIO RAMÍREZ CREC pronuncia a súa ‘Conferencia sobre el tabaco’, partindo do texto ‘O Vrede Tabaka’, composto en 1886. Trátase dun monólogo dramático que, pola universalidade da súa forma e pola intensa humanidade dos seus contindos, segue despertando un vivo interése no público actual. Esta obra é, máis cá humorística, das que fan rir de pena ou chorar da risa.

A posta en escena é decididamente sinxela, cumprindo o esquema básico do teatro: o encontro nun espazo e tempo concretos entre un público e un actor. Para isto, o comediante pon en movemiento o seu corpo e, confiando na imaxinación do espectador, despregase nas figuras do narrador e das persoaxes que ocupan ou atravesan a trama.

Non perdades esta oportunidade de voltar a encontrarse cun dos rusos máis xeniais da literatura universal

Lembrade traer os vosos carnés de socios para facilitar o acceso!
Ademáis de abundantes patacóns para as pirulas teatrais do noso querido chejoviano que pasará a súa gorra pola botica mutante.