30 enero 2014

Teatro no Liceo: Hámster de S. Cortegoso por Histeria Teatro



hamster 1

hamster 2

Sábado 1 de febreiro ás 21.30

Despois da súa estrea en abril no centro sociocultural da Trisca e de outras funcións por Santiago de Compostela, así coma en Teo e a Serra de Outes, agora a compañía compostelá HISTERIA Teatro actúa no Liceo Mutante

Pontevedra. Unha parella de hámster convive na súa gaiola. El é feliz coa súa situación tal e como está, e a súa maior ansia é gustarlle ao público que o vén ver. Pero ela non se conforma co que xa coñece, quere explorar máis alá, e por iso ten a maleta preparada. As vicisitudes e contradicións do hámster macho e a hámster femia son o fío argumental deste “pretexto para un espectáculo de teatro físico sen cancións”, co que Santiago Cortegoso gañou nos encontros Magalia de teatro hai xa varios anos.

O premiado texto do cangués Santiago Cortegoso chéganos da man das actrices Lara Rozados e Pilar Muñiz, dirixidas por Miguel Rozados.

Lembrade acudir cos vosos carnés de socios e asistide con petos cheos de patacos para baleiralos na gorra que se pasará ao final do espectáculo e que irá íntegra a garantir a continuidade da tourné HÁMSTER.