28 agosto 2017

Teatro no Liceo: Premios Darwin



darwin

Venres 2 de setembro ás 20.30

«Premios Darwin» é o resultado da recolleita de historias arredor da morte ocorridas en Galicia e alén das súas fronteiras. Coa excusa dunha entrega de premios, na que o galardón será unha gadaña, Carmen Conde Gaute vainos achegar un dos tabús, asi coma unha das tradicións, de máis fondo arraigo na nosa terra. Cada candidato será unha excusa para contar un relato do humor máis negro e máis real. ADN galego. Bueno, non todo, que tamén hai «Mellor Morte Estranxeira».

Teremos toda a pompa e o glamour dunha gala. Alfombra vermella e photocall. Haberá audiovisuais, a cargo de Xabi Piñeiro.

Do deseño corporativo encargouse Marta Castro.
Da escenografía e o galardón Bieito Inc.
Luces e son: Nuno André.

Máis info:

https://www.facebook.com/premiosdarwincomedia/
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/a-actriz-e-humorista-carmen-conde-presenta-a-obra-premios-darwin

Entradiña á vontade entre cinco e oito euros, íntegros para a compañía.