30 septiembre 2013

Teatro no Liceo: Té con Kant!



Venres 4 de outubro ás 20.30
Escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérezque, Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando có humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro- didáctico- conferencia.

Johanna Gottfried (Marta Pérez) e Theodora Krauss (Maria Roja) son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do s. XVIII.
Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente.

Atréveste a pensar con nós?
Pois aventúrate o vindeiro venres 4 de Outubro ás 20:30h.

Lembrade que a entrada serán 5 euros para ‘socios Y’, e coma de costume de balde para os ‘socios mutantes’.