Sábado 5 de abril ás 20.30
Os Terrier xa nos deron non fai moito unha festa das boas, unha tarde de rock sucio, divertido, cargado de enerxía e, sobre todo, de bo rollito. Non de casualidade os madrileños foron os maiores defensores da plataforma pro-piscina e celebración acuática da vida no noso xardín.
Co mesmo espíritu veñen de publicar o seu álbum de debut, «Un Cadáver en el Mar» a través dos amiguetes Sonido Muchacho. Temazos a esgalla e moito alto sentido do humor para unha banda que nos vai dar unha velada de non olvidar.
http://losterrier.bandcamp.com/album/un-cad-ver-en-el-mar
Veñen acompañados ademais polos Estrambote, high class en canto a continentes (ollo coa historia dos seus integrantes) e contidos – todo temazossss.
http://estrambote.bandcamp.com/
Vai ser unha tarde-noite épica. Só por cinco euriños para que as bandas poidan voltar a casa ou free para os mutantes. 20.30 PUNKTUAL!