Venres 6 de marzo ás 20.30
Esta vez chega ao Liceo Mutante «un espectáculo de media máscara inscrito nas veas do teatro físico». A acrobracia, a esgrima, o mimo e a improvisación co público mestúranse para crear aos Limpiabotas.
Os limpiabotas son dous excéntricos irmáns, Nino e Mambrú, quen interrompen na cidade buscando ao seu próximo cliente.
Xáctanse de ser os mellores no seu traballo e de ser respectados no mundo enteiro. Deste xeito, desenvolveron un estilo único e incomparábel na súa profesión, a «lustrada».
«Quen terá o honor de ver os seus zapatos brilar como unha patena?»