19 octubre 2020

The Fuzz Faces [Entradas Esgotadas]



Venres 23 de outubro: The Fuzz Faces (Entradas Esgotadas)

[Entradas esgotadas]

Seguimos coa programación nestes tempos difíciles pero nos que non faltan ganas de ter eventos, xa sexan concertos, cine, teatro ou o que se propoña.
Toca concerto, con aforo reducido e as medidas de seguridade oportunas pero co mesmo roio e as mesmas vibras. A situación na que estamos tamén nos axuda a coñecer mellor as bandas cercanas, esta vez tócalles aos Fuzz Faces, un grupo Pontevedrés formado por voz, guitarra, baixo e batería que nos traen un amplo repertorio de música con influencias do rock dos 70, stoner e psicodelia que nos deixarán pasmados. Soan «como unha parede de amplificadores queimándose nun lume nuclear que vai dende os baixos subatómicos ata os agudos dolorosos.»
Podes escoitar algo deles aquí:
– Youtube:
https://www.youtube.com/channel/UCXmzlv_a34SFnA58fm3hE-Q
– Instagram:
https://instagram.com/thefuzzfaces?igshid=myson267niod
– Bandcamp:
https://fuzzfaces.bandcamp.com/releases
Para reservar a túa entrada envía un correo co teu nome a: anticipadas.liceomutante@gmail.com
Abrimos portas ás 20:30 e, coma sempre, polo habitual donativo de entre 5€ e 10€ que irá integro para os músicos.