30 noviembre 2012

The Hipshakers + Thee Blind Crows!



Venres 30 ás 21:00

Unha nova dobre dose de garaxe no Liceo para este venres.

THE HIPSHAKERS veñen dende Gondomar, Oporto. A súa misión nesta vida consiste en sachar as beiras do Douro a base de guitarrazos para construir un delta dende o que tocar, mirando cara o Atlántico, o seu rock manchado de blues, suor e por veces de surf.
http://soundcloud.com/thehipshakers
http://www.youtube.com/watch?v=2vspui4ubjc

Que mellores anfitrións que Thee Blind Crows, demasiado punk para ser blues e demasiado blues para ser punk, cun directo tan graxento e tan contundente que faría vomitar ó mesmo John Rambo se se puxera por diante. Se non os coñeces, pregúntalle ós teus colegas, a ver que che din.

http://www.myspace.com/theeblindcrows
http://www.youtube.com/watch?v=JFf3M4cbNAM&feature=relmfu

Só por unha axuda de catro leuros que irán destinados integramente a cubrir os gastos das bandas