2 enero 2018

The Selva



theselva

Xoves 6 de xaneiro ás 20.30

O 6 de xaneiro no Liceo non vén rei ningún pero veñen tres amigos portugueses dar un concertazo e facernos felices!

O trío portugués The Selva gústalle facer referencias musicais, para simbolizar e propor significados dubidosos. O seu disco comeza cunha chea de indeterminadas alusións ás tradicións musicais do lonxano leste. Continúa cunha viaxe virtual polos tempos do Renacemento e os seus valores estéticos, parecendo convidarnos a preocuparnos máis pola beleza da vida. Tamén atopamos terreos recoñecíbeis como música improvisada, mais os motivos e as repeticións obsesivas son claramente africanas. Escoitamos tamén máquinas a traballar, e cando menos o esperamos, aparecen formas de blues, pero envoltas nunha néboa soñadora, como se nos recordase de onde vén esta música. Hai tamén jazz na súa esencia máis crúa e espida.
Dous instrumentos de corda: o cello de Ricardo Jacinto (que xa nos visitou co Phonopticon) e o contrabaixo de Gonçalo Almeida (vello amigo tamén, estivo no Liceo cos Spinifex e Ikizukuri), dialogan coa batería de Nuno Morão neste novidosa ensemble de cámera. Isto é diferente de todo o xa feito con este formato instrumental, mais dun xeito tan natural que fai preguntarte como non ocorreu antes

THE SELVA


Agradecérase unha axuda de entre 5 e 8 € para os músicos