29 diciembre 2015

The Smudjas + Wild Animals



smudjas

Mércores 30 de decembro ás 20.00: The Smudjas + Wild Animals

Para a o último concerto de este 2015 temos preparada unha velada ben cheíña de emo punk a antiga usanza. Preparade os bullarengues para menealos como nunca!

The Smudjas (Milán, Italia)
Dende Milano, veñen facernos mover o cú coa súa mistura de emo/indie/punk entre Jawbox, Title fight, Basement…
Freshquísimos! Acaban de cambiar a formación e agora tocará con elas o batería da banda de punk holandesa Landverraad.
https://thesmudjas.bandcamp.com/releases

WILD ANIMALS (Madrid)
Co seu emo indie punk 90’s con influenzas de Jawbreaker, Hüsker Dü, etc, En marzo sacaron o seu primeiro EP que xa está a piques de esgotarse, e no vrao estiveron xirando por toda Europa chegando a tocar no Fluff Fest. Nas suas filas contan con vellos amigos nosos de Enoch Ardon, Allfits e Jamie for President.
https://wildanimalsmusic.bandcamp.com/releases

Todo isto por un donativo de 5 esmigols de nada destinado unicamente ás bandas, como sempre.