29 diciembre 2015

Thee Blind Crows + Dead Wood



thee

Sábado 2 de xaneiro ás 20.00: Thee Blind Crows + Dead Wood

Ola rapazada!

No Liceo Mutante queremos inaugurar o ano cun concerto ben chido e sabrosón, así que pensamos nos nosos amigos Thee Blind Crows para liderar e focalizar as nosas enerxías de cara o 2016.

Thee Blind Crows, xa coñecidos por todos, farannos mover o esquelete co seu punk-blues enérxico, escoitate aquí as súas boas músicas e practícalle uns bailes na casa, no quedes coma un paspán!

https://theeblindcrows.bandcamp.com/album/thee-blind-crows-primitive-loud-blues

Virán acompañados de Dead Wood, proxecto que se mergulla nas raíces do folk e do country, banjos, percusións e guitarriñas sen máis artificios, aquí como as gastan en directo:

Todo por 5 € de donativo para as bandas, e comida e bebida a prezos de resaca electoral.

Abrimos portas ás 20:00, esperámosvos!