26 diciembre 2016

Thee Blind Crows + Glitter & Litter



blaind

Xoves 29 ás 20.30
Hai que ser gañán para non coñecer aos THEE BLIND CROWS. Tamén hai que carecer de sangue correndo polas veas para non sucumbir ao seu blues punk atemporal, corrosivo, perigoso. Hai quorum con esta parella de crápulas que viñeron para quedarse na zona alta da liga do rock. Baila ou fenece.
https://theeblindcrows.bandcamp.com/

Glitter&Litter completan unha noite de rock sen paridas co seu punk desenfadado e salvaxe, glamerizado, guasón e retranqueiro. Compro!!
https://glitterlitter.bandcamp.com/releases

Distor e actitude a mazo por entre 5 e 8 € para os artistas, que tamén toman tapas e cañas e vermouths e en ocasións ata pagan nos bares!

Guardar