25 febrero 2019

Tipex + Triple Ente + Giuseppe + Festa de Entroido



sábado

O sábado 2 de marzo ás 20.00 no Liceo Mutante temos un día de Entroido especial, con tres concertazos e posteriores pinchadas, entrega de premios para os disfraces máis impactantes e máis sorpresas para pasalo xenial.

Tipex son un proxecto de enérxico punk valenciano con peña de Las Rodilleras, Cuello ou Zanussi que debutaron en 2018 con un discazo cheo de urxencia, malas caras e actitude:

https://tipex.bandcamp.com/

Triple Ente saúdan dende Alicante e practican un punk cheo de melodías atrapantes e formado por xente de Futuro Terror ou Carmonas.

https://tripleente.bandcamp.com/

Giuseppe é un novo proxecto da patrulla viguesa de Lamprea Explosiva, e soamente podemos esperar cousas boas de semellantes chalaos!

https://caracolnegro.bandcamp.com/album/demo

Todo isto por un donativo entre 5 e 10 € que irán integramente destinados ós artistas. Haberá papeo 100% vexetal coma sempre e ambientaso asegurado.