Venres 1 de marzo ás 20.30
Marzo é mes de bos augurios, remata o inverno e chega a primavera. Polo que a nós respecta, inaugurámolo a golpe de sludge, metal e crust a partes iguais, para entrar con ganiñas e co ánimo restaurado.
Traidor viaxan dende Valencia na súa pesada nube de metal, guitarras distorsionadas e voces que rechían en desacordo coas prácticas antianimalistas do humano. Batería, guitarra e baixo que acompañan esta mensaxe que recollen no seu LP «Holocausto», lanzado este pasado 2018, no que plasman a súa esencia sludge.
Bótalle unha escoita aquí:
https://traidorvlc.bandcamp.com/album/holocausto-cotidiano-lp
Máis próximos á nosa cidade, dende A Coruña chegan Hongo. Cunha atmosfera escura eles traballan o crust, con guitarras e melodías influenciadas polo death-metal. Unha batería, dúas guitarras e un baixo que xa nos soan doutros proxectos coma Nashgul, Madame Germen, Ictus ou Black Panda, pois levan dende o inicio deste século participando en distintos proxectos e teñen xa un oco no panorama nacional.
Escoitaos aquí:
https://fungivoro.bandcamp.com/
Achégate e vive isto por un donativo de entre 5€ e 10€ que vai integramente aos músicos!
Coma sempre na rúa Rosalía de Castro, nº 100
Portas 20.30, Música ás 21.00