29 junio 2017

Travesti Afgano +Muerte Mortal



atravesti

Sábado 1 de xullo ás 20.30

Sempre ao marxe de case todo, os Travesti Afgano van por libre e o vento sopla, potente, aliñeando. Buscando o seu propio camiño seguen a discorrer pola senda do post-punk arisco, o noise rock sucio, a crítica ao poder e a dominación, ao ser e estar galego hoxe.
E fan parada nese camiño para presentar no Liceo Mutante «Nos Vale Madre», o seu segundo LP, que veñen de editar xunto a un montón de colegas e que é unha venganza, un berro agresivo contra todo o guai e o molón, un frisbee de post-punk coa cara, por suposto, de Mark E. Smith.
Poderás escoitalo moi pronto!

https://muertemortal.bandcamp.com/album/muerte-mortal

Muerte Mortal é unha banda de Madrid. Cando lles preguntan que música fan, quedan en branco. Din por aí que algo de Sioux & The Banshees, algo de postpunk primixenio, algo de perigo, moito rock.
Veñen presentar a súa jodienda no Liceo e sonche ben espabiladiños, pero o mellor é que o comprobes ti mesmo.

Dúas bandas que pasan de caralladas, directos na face, e piden só entre 5 e 8€ para que a roda siga a xirar. Atende.

https://muertemortal.bandcamp.com/album/muerte-mortal