Sábado 8 de marzo ás 20.30
Alegría! Trilitrate volven ó Liceo Mutante para presentar o seu disco «Faláchesme na man» e aproveitarán a ocasión para facer entrega das recompensas ós mecenas que fixeron posible a súa edición.
«Trilitrate conseguen misturar a tradición centroeuropea e balcánica cun señor coma Astor Piazzola, pero no momento transfórmanse en algo semellante a Kronos Quartet tocando música xitana nunha taberna do porto de Cangas» (Desconcierto.com)
http://trilitrate.bandcamp.com/
Vídeo de «Osos Borrojos: https://www.youtube.com/watch?v=hjb4fvG4C7s
https://www.facebook.com/Trilitrate
Estarán acompañados por Was An Outsider, que chegan dende Portugal, paisaxistas sonoros cun pe no post-rock e o ambient http://wasanoutsider.bandcamp.com/
Vai ser un concertazo, e só por un donativo de 5 euros que coma sempre no Liceo, vai directo para as bandas.
