Mércores 27 de abril ás 20.15
Seguimos nunha semana chea de actividades coa visita dos italianos Trrmà e o francés Klaus Legal, todos vellos amigos do Liceo.
Trrmà é un dúo de guitarra e batería/percusión formado por membros por membros de Les Spritz e La Confraternita del Pugatorio. Eles din que é un proxecto alien, arriscado, abstracto pero coa forza, a enerxía e a disonancia que caracteriza as súas outras bandas.
https://www.youtube.com/watch?v=DbVOsm3PKgo
https://www.youtube.com/watch?v=wLi8iQ8p5lk&feature=youtu.be
https://soundcloud.com/trrma-573724885/trrma-live-macerie-baracche-ribelli
http://trrma.blogspot.it/
Klaus Legal vén de Amiens e xa visitou Molllabao fai dous anos con Les Spritz. Empregando controladores, luces e sintetizadores fotosensibles, produce ritmos e ondas de son. Entón, estes sons son modulados a través de diferentes efectos co obxectivo de conseguir un tipo diferente de paisaxe sonora. Ás veces definido coma techno cegador, power-electronics non para epilépticos o música industrial para os ollos e os oídos, Klaus Legal está fortemente influenciado por Esplendor Geométrico, Pan Sonic, Sudden Infant e a música electroacústica, empregando a luz como a súa principal ferramenta.
http://klauslegalsaysno.blogspot.com/
https://www.youtube.com/watch?v=vUXfrRmnvUc&feature=youtu.be
Mergúllate nestes dous bolazos por só cinco euros que irán directamente para os músicos