13 julio 2021

Tulip



tulip

Sábado 17 de xullo ás 19.00: Tulip

Estamos moooooi ledas de ter a Tulip este sábado no Liceo! Veñen a presentar o seu disco «Estrelas No Chan», dez cancións de pop colorista, cristalino e onírico, coidado ata o último detalle na súa sencillez, fressssco e multilinguaxe. Mellor escoita!:
https://tuuulippp.bandcamp.com/album/estrelas-no-chan

O aforo é limitado, se queres asegurar un oco manda un correo a: anticipadas.liceomutante@gmail.com ·
Queremos que o Liceo sexa un espazo seguro para todas polo que vos pedimos a vosa colaboración e o respecto a todas as medidas sanitarias pertinentes. ·
Pedirase unha axuda entre 5 e 10 destinada integramente á banda PERO tamén poderás ter o pack disco + concerto por 15