6 julio 2021

Ubaldo



uba

Este sábado 3 o noso querido Ubaldo volta á casa Mutante co seu recentemente lanzado “CASA”.
Baixo o nome de Ubaldo está Andreu G. Serra, un xa mítico da música underground experimental dende o Delta do Ebro, que xogou mesmo co punk en Bimbo Picasso, ou ou coas conversas continuas de guitarras xunto a Kiran Leonard en Or Sobre Blau. Pero con Ubaldo a cousa vai de despregar o máis íntimo do íntimo mediante un traballo profundo e cheo de matices, no que as tensións armónicas sírvenlle para esculpir pezas dunha beleza enrarecida pero cativadora. No seu anterior “La pèrdua de l’estat”, estas pezas esculpidas coa súa guitarra, víanse rodeada polas ambientacións e o ruido, con brillos puntuais de piano e cunha voz difuminada e afogada nun segundo plano. Neste novo disco, “CASA” (Urpa i Musell), aléxase desas pezas que lembraban a artistas tan queridos como Bill Orcutt ou Jim O’Rourke, e vólcase directamente ao mundo das texturas, en forma de drones imposibles feitos para sumerxirse, e non marchar.
Escoita!:
https://ubaldo.bandcamp.com/album/casa-2
https://www.youtube.com/watch?v=VRrjNz_GFYY

A cousa vai así, as portas abriranse ás 19:30, dous pases dentro do local, un ás 20:00 e outro ás 21:00, con 15 minutiños entremedias para desinfectar o Liceo. Podedes reservar no pase que prefirades mandando un mail a anticipadas.liceomutante@gmail.com. Pedirase unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente a que o músico poida seguir traendo beleza polo mundo.
Queremos que o Liceo sexa un espazo seguro para todas polo que vos pedimos a vosa colaboración e o respecto a todas as medidas sanitarias pertinentes. Apertas e vémonos na casa Mutante!