29 noviembre 2018

Uivo Zebra



uivo

Sábado 1 de decembro ás 20.30

Damos comezo ao derradeiro mes do ano coa visita dun dos proxectos máis en forma do subsolo lisboeta: Uivo Zebra, formado por algúns dos seus músicos máis hiperactivos

Coa formación clásica do power trío, nunha xenealoxía que os entronca coa Experience de Jimi Hendrix, Caspar Brotzmann Massaker ou os Fushitsusha, despregan unha música de alta intensidade e que goza dunha gran liberdade formal, flexibilidade jazzística, risco improvisatorio e capacidade de expasión psicodélica.
Explorando a tensión e as dinámicas altas, a música de Uivo Zebra é un ataque en tres partes, o resultado da fuga dos lugares comúns, en sincronía coa busca dunha certe febre, un soño surreal, un pesadelo estupidamente agradable.
Uivo Zebra son Jorge Nuno (Sings of the SIlhouette) na guitarra, Hernani Faustino (improvisador, ademais fai parte do Red Trío) no baixo e Joao Sousa (Parpar) na batería.
Teñen publicada a cassete Gancho na editora portuguesa A besta e un disco homónimo na prestixoso selo polaco Bocian

Bótalle un oído aquí:

https://bocian.bandcamp.com/album/uivo-zebra

Vén quedar coa aberta por unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente aos músicos.