(foto collida de Zine and Not Heard)
Sábado 23 de novembro ás 20.30
Din os que xa os viron tocar que Ulises Lima son unha das bandas máis en forma do panorama estatal. Nós teremos a oportunidade este vindeiro sábado, pero escoitando os seus discos o certo é que só nos imaxinamos cousas boas.
Ulises Lima fan un pop moi noventeiro, moi guitarreiro de Dios, enerxético, veloz e hipervitaminado, ben empapado en punk. O seu son achégase e míralle á cara a Superchunk ou a Ted Leo & The Pharmacists.
Este ano publicaron a súa cuarta referencia discográfica, un split con Shonen Bat que seguiu ó seu aclamado primeiro LP «Waiting for the summer». Previamente publicaran un 7″ e unha demo ben xeitosos.
Botádelle unha escoita aquí:
http://uliseslima.bandcamp.com/
http://www.caleiah.com/ulises-lima/
Lembramos que, como é habitual, os 4€ que custa cada entrada irán integramente destinados á banda.
Vémonos o sábado!