16 octubre 2014

Underground de Non si? Teatro



under

Este sábado 18, non podes facer ningún plan. Tes unha cita. Ponte xeitosiño porque chegan «Non si? Teatro» para levarte polo mundo das baldosas amarelas.

«Underground».

Versión libre de Non si? Teatro baseada en «Alicia no país das marabillas» e «Alicia a través do espello»de Lewis Carroll dirixida por Mónica Sueiro.
Siro está en crise e vive inmerso na súa cabeza subterránea. Este encerro mental débese a unha obsesión que cavou na súa mente ata enraizar e que leva nome de muller, Lía, a súa moza que agora vive en Londres buscando un futuro mellor.
Pero, ademáis, a Siro, asáltanlle preguntas existenciais que enmarañan máis o seu confuso estado mental. » Quen son?», pregúntase e mentres busca unha luz no tunel, os soños son unha vía de escape onde os seus amigos e Lía confúndense con personaxes de Alicia.

Realidade, poética, e surrealismo son o motor do universo da obra, escrita por Mónica Sueiro e con música en directo composta por Sergio Llauger, Ana Luna e David Rodríguez.

Intérpretes: David Rodríguez, Ana Luna, Sergio Llauger, Maite González, Alba Diz e Yone Urkizu.

Duración: 70 minutos.

Hora: 21:30h.

Contribución: 3€

Agardámosvos!!!