Unicornibot: presentación de Dalle! no Liceo Mutante

Si, amigos, a procesión vai por dentro. Por dentro das instalacións do Liceo, para máis sinais.

Ti sabes moi ben que nestes momentos de redención e paz con Dios de la Semana Santísima, a túa obriga é purgar os teus pecados. Pero xa metidos en faena en pleno Venres Sagrado, que mellor que cometer algúns novos.

Dálle vidilla ao corpo e á mente asistindo ao acto mundial, ao panexírico, o acabose: Unicornibot presentando na casa o seu segundo artefacto, Dalle!, que xa deu de comer e beber ás mellores almas nalgúns dos mellores cortes do país.

http://dotheunicornibot.bandcamp.com/album/dalle

Déixate invadir por este exército mathpocalíptico e peca a gusto no Liceo, con bebidas da árbore e comidas da terra, manxares exquisitos, e bos discos preparados para que os leves á casa.

Todo isto por catro moedas europeas e un pouco de amor.

Será épico!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>