23 diciembre 2014

Unicornibot (último concerto)



10428003_743510859058289_2970095466806610887_n

IMPORTANTE!!!!!!!!
Entradas esgotadas, lembramos que NON SE VENDERÁN ENTRADAS NA PORTA.

Sábado 26, apertura de portas: 19:30
Vaia nova a que deron Unicornibot fai unha semana… Quedámonos todos de pedra.

Un dos nosos grupos da casa, o que máis quilómetros fixo e que foi xerme importante do nacemento da nosa asociación deixa de tocar durante un tempo (esperemos que o máis curto posible) e queren despedirse de todos na casa, no noso fogar. Inauguración e peche. Sol e lúa. Café e after.

¿Quen non coñece a Unicornibot a estas alturas?
Estes 4 palleiros de Pontevedra, fillos de Deus e do licor café, auto-editaron o seu primeiro LP chamado “Hare Krishna” no 2010 e comezaron a espallar o papel de prata por toda a península. Concerto tras concerto, ían gañando seguidores e boas críticas, que consolidaron coa súa segunda entrega “Dalle!” (Matapadre, 2012). Chegaron a tocar no Primavera Sound ou no Milhoes de Festa, seguiron facendo ruta e chegaron ata Portugal e Francia. O seu último disco, “Mambotron” (Matapadre, 2013) deixounos en Bélxica, Países Baixos, Francia, Portugal e Hispania la vella. Dentro do colectivo Metamovida, camiñaron da man de Cró! Ou Guerrera (entre outros). Bolo a bolo, adiante e atrás, o seu ritmo enérxico, cambios inesperados, experimentos matemáticos e a súa incansable diversión fan desta banda algo único que todos botaremos de menos.

Escoita aquí os seus discos: http://dotheunicornibot.bandcamp.com/
O videoclip “Liceo Mutante”, un agarimo a todos nos: https://www.youtube.com/watch?v=rUsW9Wmlvdk
“David contra Salsón”: https://www.youtube.com/watch?v=GMpueh432Ro
E así se vive isto en directo: https://www.youtube.com/watch?v=-WHGG3rJTYE

É unha mágoa que o deixen, pero un detalle que o fagan con todos os que os vimos medrar. Seguimos crendo que todo isto é unha campaña de marketing e que voltarán algún día, pero mentres tanto seguiremos brindando con LK e soñando cun mundo cheo de papel de aluminio.