10 diciembre 2013

Uzumaki + Vietnam no Liceo Mutante



Outra noite de ruidaco e mandangas varias de Seara Records e Discos Porno na primeira visita de ambas as dúas bandas ao Liceo Mutante.

VIETNAM é unha banda barcelonesa de thc/punk e ruído que ata agora centrou a súa produción no casete a través dunha demo autoeditada a finais de 2012, e o ‘Amanecer EP'(Feb’13) e un split con Los Locos Hongos(Set’13) editados polo colectivo vigués Seara Records.

UZUMAKI significa espiral en xaponés. Pero tamén significa
que a túa nai enganate con outros mamíferos e que a censura
dos pixeis só afecta a un mínimo sector da carne, e
que a censura dos pixeis xera trastornos e grotescos filias,
e que as filias axudan a que todo marche ben, todo marcha, todo marcha ben cariño.
A marcha ten unha relación indirecta coa velocidade e a infalibilidade pontificia das máquinas. Os compoñentes humanos son un mero trámite.
Tamén significa merda.

http://vietnam.bandcamp.com/
http://discosporno.bandcamp.com/album/uzumaki-adelanto