15 septiembre 2014

«VAMPÍRICOS» de Antón Lopo



anton

Dentro de 50 anos a túa neta vaiche preguntar: «fuches ao Liceo Mutante o día que Antón Lopo presentou o seu espectáculo LAMPÍRICOS?». E non vale mentir. Mellor que veñas ver a obra, ou arrepentiraste toda a túa maldita vida.

LAMPÍRICOS é unha obra interdisciplinar que busca o contacto directo co espectador: rozalo sen tocalo, golpealo sen miralo, descubrir unha vertente non sempre sentida da realidade.

A obra aglutina latitudes da performance e a poesía. Tecnicamente a proposta é sinxela: sonstense sobre a batería dun automóbil a partir da cal se desprega unha galería de ambientes e diálogos.
No espazo adéntrase un home que camiña coa súa propia luz. O son ambiental delimita as aristas do discurso: Este é o noso exilio. O home preséntase como un poeta disconforme, dismoderno, acompañado de fumadores, mestres sufís, mulleres en loita e seres que se alimentan de maxia e huríes. Que comen os poetas dismodernos?

LAMPÍRICOS componse, principalmente, de preguntas: preguntas sucesivas que crean unha atmosfera inquedante. ANTÓN LOPO comezou a traballar nesta proposta sobre un conxunto de textos elaborados en Essaouira, unha das prazas fortes do sufismo en Marrocos.

LAMPÍRICOS é a nova proposta de ANTÓN LOPO pseudónimo baixo o que traballa unha das voces máis radicais da poesía galega actual, un creador que abraza na súa obra a performance, o xornalismo de acción, a novela, o teatro e o activismo cultural.

O venres 19, ás 21:00.
Por un donativo de 5 euros, que como ben sabes irán destinados integramente ao artista.