Venres 28 de setembro ás 20.45
Marcha setembro e chega o outono, para recibilo como ben merece temos a nova aventura destes dous amigos: Vasco Trilla e Luis Vicente,músicos excepcionais, viaxeiros incansables con proxectos por todos os recunchos do mundo.
Vasco Trilla, que xa nos visitou con Chain, é quizais un dos máis importantes emancipadores da percusión da actualidade, sacándoa do seu tradicional rol de acompañante para poñela en primeira fila, sendo capaz de sacar os son máis inusitados e de empregar os obxectos máis alucinantes para viaxar polos camiños menos transitados. Pegálle tanto ao avant-rock , jazz core, black metal o ethio-jazz, aínda que sobre todo saboreando fortemente o tarro da improvisación libre, buscando sempre no camiño novos encontros e aventuras, cuestionando e achando novos enfoques na percusión
Luis Vicente estivo xa no Liceo na primeira visita dos demoledores Spinifex, a súa improvisación está baseada na historia completa do jazz e a música contemporánea. Despois de todo, a súa mente lúcida e o poder da súa creatividade fan da trompeta nas súas mans un instrumento extraordinario. Improvisador e compositor, o son de Luis bebe dun innegabel lirismo pero non ten medo da sacar toda a forza primaria da seu instrumento, cuspindo líneas de intensidade mordaz que sempre captan a nosa atención. Carlos Zingaro, Wilbert De Joode, Akira Sakata, Johannes Bauer, Roger Turner, Tobias Delius ou Mette Rasmussen son algúns dos seus colaboradores
http://luis-vicente.wixsite.com/luisvicente
Vén gozar dunha nova noite de músicas libres, improvisada, imprevisbles, fermosas por unha axudiña de entre 5 e 8 € destinada integramente a cubrir os gastos dos músicos