20 agosto 2021

Vermú Cabareteiro con Marinita y sus Maromas



merdiña

Sábado 21 de agosto

Achégase de novo ao Liceo Mutante as espléndidas Marinitas cun cabaret «Sensual, mordaz, desenfadado, erótico, elegante e cheo de humor». Unha nova entrega pero desta vez en sesión vermú.

A través do canto, do striptease, da danza, dos contos queer, dos monólogos, das reivindicacións sobre os corpos, das acrobacias, da interpretación e do transformismo, queren estimular os nosos sentidos xogando cos roles de xénero, a diversidade e o amor libre.
En resumo unha sesión moi estimulante e para disfrutar liberando as nosas mentes.

·Abriremos portas a 12 da mañá e desfrutaremos da sesión no paraiso vexetal que temos por xardín.
·A función comezará ás 13:00 h.
·Como o aforo é limitado deberedes reservar entrada no seguinte enderezo:
teatroliceomutante@gmail.com
·Lembrade que queremos que o Liceo sexa un espazo seguro para todas polo que vos pedimos a vosa colaboración e o respecto a todas as medidas sanitarias pertinentes.
·E tamén, coma sempre, pedirase un donativo de entre 5 e 10 € destinado integramente ao grupo teatral