29 enero 2019

Vermú de Swing On con David Regueiro Trío



49767861_2234029953477121_8097694493353967616_n

Sábado 2 de febreiro ás 12.30

O próximo sábado 2 de febreriro, a xente de Swing On School swingueamos na nosa casiña de Pontevedra: o Liceo Mutante, lugar apacible e cheo de xente boa no que impartimos as nosas clases de lindy hop.

Así que, amantes do swing pontevedreses, composteláns, vigueses, morracenses… xúntense a nós nesta sesión na que teremos aos riquiños David Regueiro Trío coa súa homenaxe a Django Reinhardt, creador do swing Manouche, que nos van poñer a bailar temazos un detrás de outro.

E tanto se bailas como se non, haberá unha clase de fast lindy hop antes do concerto para non ter excusa para botar lume polos pes!!

12.30h Clase de fast lindy hop
13.30h David Regueiro Trío

PREZO: 3€ // Venda na porta ata completar aforo.

***

David Regueiro Trío son David Regueiro (guitarra), Iago Reigosa (guitarra) e Juyma Estévez (contrabaixo).