4 abril 2018

V!etnam + Seda + Grima



vietnam
seda
grima

Venres 6 de abril ás 19.30: V!etnam + Seda + Grima

V¡etnam veñen a protestar e a sacar as bandeiras da mocidade sónica. Entre os mangueirazos incandescentes de guitar, o gomosísimo baixo e as bateras tribales agora agroman correntes de sintes. Punk, noise, dub, bofetadita, ruock, pop enfermizo, etc. Vigo, Bcn, the world.

Con eles romperán a nuit Grima, dúo galaico de oscuridade post-grunge, que presentan disco: “A ver a qué sabe”. Parece que sabe un pouco a Tool pero con menos leria e máis PONK.

E a cereixa narcótica de sofisticación 100% Vigo city porana os Seda. Peñita de Jay, Pálida e Dois facendo pop electrónico tan nocturno que é practicamente de mañaneo.

Aquí abaixo tedes indicacións para visitalos. Vinde ao Liceo, que gañan en persoa. Entre 5 e 8€ para as bandas, que logo seguramente doarán a algunha ONG ou similar.

Liceo Mutante forever.

https://vietnam.bandcamp.com/album/bajo-la-influencia

https://damosmuchagrima.bandcamp.com/releases

https://sedavigo.bandcamp.com/releases