28 febrero 2015

Víctor Coyote con Pablo Novoa!



11018363_783661275043247_6327748705747872850_n
10997472_783662145043160_6192787264478127431_n

Venres 6 de marzo ás 20.30

O Liceo Mutante comprácese en anunciar unha nova cita coa historia: a actuación estelar do mítico, único e inimitable Víctor Coyote.
O gallo de tan ilustre visita non é outro que a presentación do seu novo traballo, «De Pueblo y de Río», un fermoso disco de versións de clásicos populares de diferentes lugares do mundo (Grecia, Venezuela, Italia, Portugal…) producido polo ilustre Pablo Novoa (Golpes Bajos, La Marabunta, Josele Santiago…), que será ademáis o encargado de acompañar para a ocasión coa súa guitarra a Víctor no escenario.

Que máis podemos dicir destes dous guerreiros? A verdade é que todo o que podamos escribir vai ser pouco, pero, para quen ande a durmir, faremos un intento:

VÍCTOR COYOTE fundou a principios dos oitenta un dos grupos esenciais do pop estatal, Los Coyotes (seguro que asubiastes «Esta noche me voy a bailar» ó espello antes de sair á rúa algunha noite de verán). Non contento con elo, continuou cunha colorida traxectoria en solitario na que amosa un profundo interese pola mestizaxe, xogando cos ritmos africanos, latinos ou tropicais, e que se mantén ben sólida ata os nosos días. Algúns temos gravadas a lume as súas colaboracións para o Xabarín Club («… pode ser que sexan alieníhenas…»). Ademáis, a súa traxectoria artística non remata na música, pois é un reputado ilustrador e deseñador gráfico e, como actor, apareceu en pelis como «Átame», «Justino, un asesino de la tercera edad» ou «Matías, juez de línea». Que fulano!

PABLO NOVOA formou parte, tamen a comezos dos oitenta, dos maiúsculos Golpes Bajos, cos que grabou «Golpes Bajos», «A Santa Compaña» e «Devocionario». Anos máis tarde fundou La Marabunta e comezou unha longa e valorada traxectoria como productor e colaborador que o levou a traballar, entre moita outra xente, con Josele Santiago, Los Enemigos ou Mastretta. En 2003 Subterfuge publicou o seu traballo en solitiario «Novoa cruza el Atlántico». Mola moito como toca a guitarra.

Pois iso, que os poderedes ver en acción no Liceo por 6 insignificantes euros. Non o perdades!

Vémonos!