19 julio 2021

Víctor Herrero + Mark Borthwick + Djs dejaus



Victor-Herrero.-Nicol-Vizioli-scaled

Venres 23 de xullo ás 19.30:

Vaia tarde de venres, amigas; temos un programa que xa lles gustaría a eses festivais cheos de publicidade.
Victor Herrero: «Prestidixitador da guitarra clásica, eléctrica e portuguesa, Víctor é un dos poucos músicos en activo que dá sentido á proverbial figura do trobador, aquel que se serve unicamente da súa voz e un instrumento para transmitir.
Vén de sacar Hermana, un dos discos máis insólitos, valentes e reconfortantes no que levamos de século.
Un disco que transcorre entre bodegóns, terras aradas, pasados crepusculares e confesións a media luz. Escenarios deseñados nun castelán sen parangón nos que a voz de Víctor, perfectamente tépeda tras anos de estudio e estrada, derrama o seu magma sanador.
Un disco que pulveriza as diferenzas entre as diversas tradicións das que bebe, sexa gaucha, medieval, lusa, andina, andalusí, británica ou mexicana. Fontes que desembocan nun único suco grazas ao pulso quente da guitarra de Víctor, un galeón de amarras destensadas no que o rasgueo máis cristalino transmuta en trotes de danza e o trastear da madeira sempre é benvido.
Despois de tres discos en solitario e infinidade de proxectos compartidos nos que se bateu o cobre xunto a ilustres como Josephine Foster, Luzmila Carpio, Vinicio Capossela, Baby Dee, Keiji Haino, Master Musicians Of Joujouka ou Michael Gira, Víctor madurou unha síntese da canción tan natural e reconocible que citar referencias antóllaseme case inmoral. El falará de Violeta Parra ou Víctor Jara, e os meus oídos percibirán efluvios -seguramente involuntarios- de Leonard Cohen, Dorival Caymmi, Amancio Prada, Robbie Basho, Atahualpa Yupanqui, Roberto Murolo, Joaquín Díaz, Baden Powell ou Fred Neil, pero nada diso fará xustiza ao carácter iconoclasta da súa música. Música clásica, en efecto, pero cun espazo asegurado no futuro. »
Don the Tiger


https://victorherrero.bandcamp.com/
Coñecemos o traballo de Mark Borthwick como fotógrafo, cineasta e escritor pero seu achegamento á música é algo que estamos desexando descubrir. Armado só cunha guitarra e a súa voz sorprenderanos co seu traballo harmonioso e minimalista.

Djs dejaus: baixo este «provocador» nome agóchase a dupla de picadiscos formada por Adrián de Alfonso (Don the Tiger) e Malú Mujer pinchando calquera cousa marabillosa excepto house.
Para flipar:

https://soundcloud.com/…/inside-around-crammed-episode…
https://soundcloud.com/…/sasha-pas-meets-don-the-tiger…
O aforo é limitado reserva o teu oco en: anticipadas.liceomutante@gmail.com
Se o tempo acompaña o cocerto será no xardín, se chovese teremos que facer dous pases no interior.
Queremos que o Liceo sexa un espazo seguro para todas polo que vos pedimos a vosa colaboración e o respecto a todas as medidas sanitarias pertinentes.
Pedirase unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente aos músicos.