10 septiembre 2014

Vicus Teatro: Vou & Veño [CANCELADO]



O obra programada para hoxe sábado 13 queda adiada por mor dunha doenza dun dos actores.
Pregamos desculpedes as molestias

10625030_367401643408181_8124901214050031056_n

O sábado 13 temos unha cita.

Ponte guapo, bota gomina e ven a pasar a noitiña con Pablo Carrera e Lois Blanco, unha parella de tipos raros que veñen ao Liceo a presentarnos «Vou&Veño».

Un espectáculo cómico que xoga coa actualidade, cos tópicos do mundo no que vivimos. Viaxa entre o monólogo a dúas voces e o skecht teatral, usando o gag como forma de afrontar as cousas. Nuns tempos inquedos e difíciles coma os de hoxe, ver o hoxe cun espítito positivo e desenfadado, tratando de darlle un xiro ás circunstancias actuais. Unha viaxe para descrubir que debaixo dos “curriculums” de cada un pode haber algo máis que cursos e máis cursos…

Cando? Sábado 13
Hora? 21:30
Contribución: 3€

Acudide en masa, que son dabutem!