15 diciembre 2016

Vietnam + Esposa + Travesti Afgano



biety

Venres 16 de decembro ás 20.00

V¡etnam é «unha banda barcelonesa de thc e punk», tal e como se definen. Pero para nós é algo máis: unha formación dura e resistente con tentáculos no país, un vello coñecido do noso andergráun, e un fronte de batalla do punk estatal que agardamos, coma sempre, con gallardía.
https://vietnam.bandcamp.com/

Os Travesti Afgano, jefes de julais, están no limiar da fase previa dun arrase global. Veñen de grabar o seu segundo álbum que xa tardaba, e prometen cancións de bailar, rompepistas, algo de postpunk…estamos ansiosas!
https://travestiafgano.bandcamp.com/

Os ourensáns Esposa van poñer o contrapunto lo-fi e de pop esquelético á velada. Quitaron as partes superfluas das cancións, quitaron o bombo da batería e ata se cargaron o baixo, na busca da quintaesencia da canción pop: e xa están máis preto.
https://esposa.bandcamp.com/

A ver que máis lle podes meter ao body por entre 5 e 8€ de donación para que as bandas poidan chegar, montar, arrasar e voltar a casa.