12 mayo 2015

Vietnam + Monstruo + Travesti Afgano



11118265_819069461502428_1635018579655756345_n

Venres 15 de maio ás 19.30: Vietnam + Monstruo + Travesti Afgano

Monstruo e Vietnam son e falan de erros, da ausencia de futuro xa, de violencia e actrices, de procesos de comunicación internos e externos. Usan voces e ritmos, entre o caótico, desbocado, e o que é tan firme que resulta perturbador. Falan das cousas importantes porque lles importa o que fan. A música non é un hobby, a arte ten que ser crucial e é triste ter que dicilo e parecer no mellor dos casos un romántico e no peor un pedante. Unha canción é un manifesto cheo de preguntas.

Vietnam veñen a Galicia a facer catro datas seguidas. É campaña electoral. Tocarán temas de Prevención para los niños, o seu LP de próxima edición. Monstruo (que fan rock incandescente) súmanse a todas elas, e en función da localidade a unidade popular aumenta.

Travesti Afgano, lendas vivas que participaron, como Vietnam na triloxía de splits navideños de Monstruo. Post-punk encendido e firme, tamén sacarán en breves Jefes de Julais con Mama Vynila.

Todo isto, as tres ofrendas dos reis magos, o triple oro das olimpiadas DIY, a triple coroa, o triple salto mortal, os tres desexos de Aladino, a santísima trinidade, o e, o t e o c de etc. por só 5€ que lles prenderemos ás bandas nos cabelos suorosos.

Vinde, que o temos todo aquí.