12 agosto 2019

VIII Aniversario do Liceo Mutante



vii aniversario

Despois de oito anos e chorrocientos eventos, o Liceo Mutante segue en pé e máis forte que nunca e iso hai que celebralo, sendo a fin de semana do 23 e 24 a elexida para unha programación especial que esperemos que os flipe tanto coma a nós.

VENRES 23

Columna Vegana: elemento arquitectónico de soporte vertical que non consume alimentos derivados da explotación animal. Desde Pontevedra, xentiña da casa facendo o seu debú.

Malandrómeda: Hevi e a túa avoa tocando as congas. A túa avoa, neste caso, son unhas amiguiñas de aquí do Liceo, que lle van facer un all star charanga ensemble para festehar tutti bailando co mellor rapeiro, chándal icon, neo-regueifeiro, axitador cultural, amigo de sus amigos, productor e persoa da historia da Galiza CEIVE CONA.

https://matapadre.bandcamp.com/album/cada-can-que-lamba-o-seu-carallo

SÁBADO 24

Las Morsas: Gústanvos os grupos serios, ultratécnicos, autoritarios, ambiciosos, conceptuais, épicos, profesionais, compactos, contundentes, sen fisuras…? A nós tampouco. Veñen LAS MORSAS desde Madrid a falarnos dos seus conflictos cotidianos e opinións político-filosóficas a berrido limpio. Punk primixenio e esencial caendo polas escaleiras.

https://lasmorsas.bandcamp.com/

Rata Negra: punkazo melódico e escuro, onda Wipers, Lost Sounds, KGB, TNT… Peñita de Juanita y Los Feos e LA URSS soltando rollo pesimista existencial en estribillos que nos fan voar, velaí a maxia do puto punx. Vén cantar con elas e fica dorada FOREVER.

https://rata-negra.bandcamp.com/

Sudor: PONK. Receita orixinal. O de toda a vida. Desde Toledo. Volve a casa. Clasicismo do esputo. Columnas dóricas de acople e capiteis de rifs de tres quintas. Alienación universal. Mínimo común múltiplo. Máximo Común Divisor. MCD, era, non? PENK.

KLS: Perennemente no top 5 de mellores bandas powerviolence de Benicarló. Pensa no que consideres que é “trallita” e logo tíralle unha tostadora a ese pensamento na bañeira, mentres se está a dar un baño escoitando a Kenny G. Na súa última visita á nosa casa, unha porcentaxe do grupo tivo que ser levada a urxencias con risco de amputación. Traede á familia.

https://klspeim.bandcamp.com/

Teremos dispoñibles os seguintes donativos:
Venres: 8 €
Sábado: 10 €
Abono para os dous días: 15 €

Como sabedes o aforo do Liceo é limitado polo que se queredes asegurarvos de celebrar o aniversario con nós podedes mandar un mail a anticipadas.liceomutante@gmail.com e reservar as vosas entradas.
Só é posible un máximo de 4 persoas por mail.
As reservas terán que facerse efectivas nos propios días do aniversario antes da hora que vos especifiquemos no mail de confirmación que recibiredes.

Bicos a tutti!