23 octubre 2017

Viva Belgrado



aviva

Venres 27 de outubro ás 20.30: Viva Belgrado

Viva Belgrado voltan de visita ó Liceo Mutante pechando a xira do seu aclamado segundo álbum «Ulises», que os levou polo mundo adiante dando máis de 150 concertos, anfianzándoos coma unha referencia no punk e no faino ti mesmo a nivel europeo.
Non é de extrañar sabendo do poder que desatan os cordobeses en directo, unha treboada de tralla e emoción que conecta con miticadas coma Raein, Amanda Woodward, Envy ou Daitro.

Descubre a súa forza en https://vivabelgrado.bandcamp.com/ Onde poderás descargar gratuitamente toda a súa discografía.

Poderás aportar entre 5 e 8€ que irán destinados integramente para a banda, seguimos en Rosalía de Castro 100. Haberá cea e bebidas a bo prezo coma sempre para recuperar forzas.