Xoves 3 de xullo ás 20.30: Volontè + Urro no Liceo Mutante
Volontè é unha banda de improvisación libre e noise formada na Coruña no ano 2006. As súas actuacións en directo son moi pouco frecuentes, constan dunha turba de percusión primaria conducida polo feedback e a depravación electrónica.
O seu álbum homónimo de debut foi editado no ano 2008 polo selo Taumaturgia -dirixido por varios dos membros de Volontè-, sendo esta a súa primeira referencia. No ano 2014 publican o seu segundo disco en formato casette que estará dispoñíbel no concerto, ademais será o último día da rodaxe dun filme sobre eles.
Nestes momentos Volontè está formado por Roberto Mallo (Guitarra, sintetizador, feedback), Rafael Mallo (batería) e Miguel Prado (sintetizador e voz).
Urro é un grupo pontevedrés interesado nas prácticas experimentais e na improvisación libre. Nado no 2008 ten numerosos cd-r autoeditados co seu traballo.
Contribución de 5 € para axudar a cubrir os gastos das bandas