Mércores 3 de xaneiro ás 20.30
Walter Gross é unha forza da natureza provinte de Baltimore. Realizador de filmes, artista visual e mestre da deconstrucción e da reapropiación de beats, o collage sonoro e os ritmos desatados.
A súa abordaxe sen regras mistura nunha axitada cocteleira os ritmos do hip hop, percusións mutiladas, voces distorsionadas, enerxía punk, sons industriais, noise ambiental, dub escuro e sensibilidade pop.
Nunha aposta intensa que o levou a colaborar con xente coma Sole (Anticon) ou Skrapez e xa varias veces de xira por EE.UU. e Europa.
https://waltergross.bandcamp.com/
Pedirase unha colaboración de catro euros destinados integramente ao músico