2 junio 2021

Xornada en apoio á visita zapatista



IMG-20210602-WA0006

Benvidas á xira pola vida!
Que pracer presentar no Liceo Mutante esta benvida ás compañeiras zapatistas!
Neste preciso intre unha pequena milicia do EZLN atravesa o anaco de auga alcumado Océano Atlántico. Empurrada pola forza do vento e polo amor á vida, a embarcación «La montaña» navega imparable e invencible rumbo ás nosas costas.
O porto de Vigo será, nas vindeiras semanas, a porta de entrada e acollida para 7 compañeiras zapatistas, o punto xeográfico de inicio da xira pola vida no anaco de terra que chamamos Europa.
Esta xira pola vida traerá ás compañeiras rebeldes, que traen un corazón xigante dende as súas montañas, a atoparse con todas nós, coas de abaixo, coas rebeldes .
.
A loita das compas zapatistas chegará a Pontevedra nas próximas semanas, así que estamos a preparar a benvida ao Escuadrón 421 cunha serie de actos previos.
Neste 5 de xuño teremos unha xornada chea de experiencias.
Ademais dos actos programados,
estaremos pintando faixas e cartaces e teremos un posto con fanzines, libros,
información, etc. E estaremos á vosa disposición para calquera dúbida ou consulta.
O diñeiro recadado irá todo para pagar os actos de benvida ao Escuadrón 421 e para soster os gastos da súa estancia en Galicia.
Abrimos portas ás 17h.
18H NARRACIÓN ORAL
Lorena Pinheiro é unha das grandes voces da narración oral galega. Contos e historias
recollidas na casa da avoa á lus do candil.
https://www.youtube.com/watch?v=Hx10xWTxCpE…
19H COLOQUIO
Trini é unha compañeira que estivo no I Encuentro Intercontinental por la Humanidad y contra el Neoliberalismo, Chiapas – 1996 e no II Encuentro Intercontinental por la
Humanidad y contra el Neoliberalismo, Estado Español -1997. Estará con nós para falar da súa experiencia coas compañeiras e compañeiros zapatistas. Será un coloquio aberto no que tamén podedes participar e poñer en común ideas e reflexións.
20H CONCERTOS
Agrupación musical da comunidade de montes en man común da Illa de Tambo
Proxecto efémero que nace para dar a benvida ás compañeiras zapatistas cun achegamento tolleito e anticonstitucional ás músicas populares
Lamprea explosiva
Lamprea son dous fulanos que fan ruído e gritan. Do mellor que podedes atopar na
nosa terra e máis alá. Son os mellores. Fin.

*O concerto de Lamprea terá dous pases no interior do Liceo debido ao control de aforo.
**Cumpriranse as medidas sanitarias anti Covid.
***Para asistir ao evento é preciso reservar no seguinte mail:
anticipadas.liceomutante@gmail.com
**** Pedirase unha colaboración entre 5 e 10 € destinada integramente a axudar a cubrir os gastos da estancia na Terra das compas zapatistas