25 noviembre 2015

Za! + L’hereu escampa



za

Xoves 26 de novembro ás 20.00

Temos a enorme chiripa de que Za! e L’Hereu Escampa, dúas bandas amigas do Liceo e amigas entre si, crucen as traxectorias das súas respectivas xiras xustamente no Liceo no que de seguro será un xoves inesquencible.

ZA!
Que imos dicir nós de Za!? Que imos dicir da banda que lle fixo o boca a boca ó Liceo no seu momento máis crítico? Que imos dicir de dous soles como Edi e Pau, embaixadores do Mundo Estrela? Que imos dicir logo dos concertazos que deron cada vez que tocaron aquí? Que imos dicir logo de escoitar a explosión de libertade de Loloísmo, o seu novo e fresquísimo disco? Que imos dicir que non saibades vós? ZA! ZA! ZA!

Disque van tocar esta: https://vimeo.com/143778227

http://gandula.net/

L’HEREU ESCAMPA
Outros dous vellos coñecidos do Liceo, Carles e Guillem, que traen tamén aínda quentiño «L’Esclafit», o seu último traballo, un disco de punk-pop rugoso e afiado, de emo pagès e montañoso que lembra ó mellorciño dos 90: Jawbreaker, Superchunk, Archers of Loaf…
Os seus directos son, ademáis, unha auténtica onda vital que estoupa cun fermoso fulgor na cara de quen se poña por diante.

https://lhereuescampa.bandcamp.com/

Xa sabedes das noites máxicas do medio da semana no Liceo.
Os 5€ de donativo da entrada irán destinados, como é habitual, ós artistas.