18 junio 2012

Zan Hoffman + Esteviño + Szentes no Liceo



Martes 19 de xuño ás 21.00.

Sí amigos, é certo. Volve Zan.
O noso amigo de Palo Alto volta ao Liceo despois de poñelo patas arriba oito meses atrás.
Volta coa súa faceta de crooner punk, de proto new wave,Bodycocktail. Se non bailas e quedas cautivado por este home é que non tes sangue nas venas.
http://zhdate.blogspot.com.es/
Algúns videos:




Antes del, producírase un dos debuts máis agardados: EsteViño.

EsteViño MC non é radiofórmula nin sistema. Non é unha hipoteca de Bankia, nin chistes de xitanos, maricas e gangosos. Non é millo transxénico nin un detective da SGAE. Non é un catenaccio nin unha perestroika. Non é o whisky do Lidl nin un #TrendinTopic.

EsteViño MC é un sacho que bica a terra. Un LP de Cindy Lauper a 45 RPM. Doce como o leite condensado, fresco como a caipirinha, suave como un sobaco dos Sacamantecas. Saleroso como Quasimodo bailando o limbo. Un relato de Chinaski, un gol de Cantona.
The coolest shit you’ve ever seen. Música-calor para despedir a primavera.

Szentes son catro modernos de merda que se aproveitan de que está de moda o rollito lo-fi para subirse a un escenario sen ter nen idea de tocar un instrumento. Espectáculo asegurado.

Todo isto por catro míseros euros