18 julio 2016

Wume



Xoves 21 de xullo ás 20.30

wume

Wume son April Camlin e Albert Schatz. Ambos viven e traballan nas terras de Baltimore, Maryland, tras pasar os seus anos de formación en Chicago. A súa música explora estruturas polirrítmicas a través dunha lente cósmica e nun constante estado de evolución e autoexploración. Albert e April comezaron a súa colaboración como unha consecuencia natural das baterías de April e o interese de Albert polos teclados e os sintes analóxicos. Agora converteuse nun constante cultivo das súas habilidades. Wume crean a complexidade e expándena con tan só dous instrumentos.
http://wume.bandcamp.com/

Wume no Liceo, por só 5 euros