13 febrero 2017

Cró! presentando Mounstros + Montclair



cró

Venres 17 de fabreiro ás 20.30

Dentro das composicións de Cró! hai un ritmo e un discurso, unha latencia que, fóra dos balanceos da industria musical e as modas, vai crecendo e facéndose máis rico e complexo co paso dos anos: Mounstros (Metamovida, Nooirax, La Choza de Doe, 2016) é o cuarto álbum de estudio da banda, e conforma, modela, perfila ese berro interior (Clawdia, Roquentin, Mounstros) e exterior (Videovigilada, PDF) montado sobre unha instalación multicapa de sintetizadores, ritmos, guitarras e idiomas – galego, castelán e inglés sucédense no álbum – e , por que non, estructuras de xogo (Zapruder, Dezin, UniCró!nibot). As armas de Cró! diversificáronse en estilos e sonoridades ata o punto de facer deste disco unha colección sen par de discursos mantendo inalterábel o espírito primixenio da banda.
Os Cró! veñen presentarnos no Liceo este álbum grandérrimo este 17 de febreiro a topi!
Escoita todo o que tés que escoitar aquí: http://www.spacecro.com/

Serán acompañados polos debutantes pontevedreses Montclair. Con ata sete membros, instrumentos acústicos, proxeccións e a mirada posta sobre formacións coma Godspeed You! Black Emperor, prometen unha experiencia que non poderás deixar pasar.

Vente!!! Só por entre cinco e oito euros (pon o que queiras e poidas), dálle un pouco de vidilla a dúas bandas que existen e se moven para ti.

Guardar