Venres 7 de abril ás 20.00
Podemos supoñer que vives debaixo dunha pedra (http://blogs.publico.es/strambotic/1990/12/follagallinas-rules/) e polo tanto non coñeces ás galegas BALA. A parella de moda aquí, en Australia, en Xapón e onde lles pete pasarán polo Liceo na presentación do seu segundo disco: un Lume que vai para histórico. Poder ser parte activa neste intre ou que cho conten. Escoita: https://matapadre.bandcamp.com/album/lume-2
Os sevillanos Fiera son do que máis che podemos recomendar na península. Primeiro dende o seu Rancho e agora como abanderados do ínclito selo Humo, Fiera fan neste «Alfaraxe» do ano pasado unha representación psicótica da maquinaria postindustrial do noso capitalismo agonizante. Repetición e abrasión! https://somoshumo.bandcamp.com/album/fiera-aljarafe-lp
Por se isto era pouco, o flan de hostias vai decorado coa nata dos pontevedreses GRIMA. Están fresquiños. Están a medrar. Están que se te va la flapa.
Ven con tapóns (ou non) e con entre 5 e 8€ para alixerar o retorno a casa das artistas.