12 noviembre 2012

Cineclube do Liceo mutante: Proxección para unha Folga Xeral



O Cineclube do Liceo Mutante únese á folga xeral do vindeiro día 14.
Este martes organizamos unha pequena proxección a prol da folga na que veremos estas tres pezas:

-Deica logo, espero (A beintot j’espere, Chris Marker e Mario Marret, Francia, 1968, 43′, VOS)
À bientot, j’espere é un documental francés que relata os feitos acontecidos na folga de 1967 na fábrica téxtil Rhodiaceta de Besançon, a través das testemuñas dos obreiros sobre as súas condicións laborais. As reivindicacións non viran só respecto

á problemática concreta da empresa, senón que tamén é abordado o modo de vida da clase obreira en termos xerais.
Tirado de http://praquenosdevolvan.blogaliza.org/

-A volta ao traballo nas Fábricas Wonder (La reprise du travail aux usines Wonder, Jacques Willemont,Francia, 1968 10′ VOSG)
“Por un lado, tal e como explicaba Guy Debord, se antes a sociedade do espectáculo facía promesas e afirmaba que “o que aparece é bo, o que é bo aparece”,a partir das loitas do ano 68 o mundo enteiro limítase a anunciar simplemente que “as cousas son así”. O mesmo fenómeno nihilista das “maiorías silenciosas”, analizado por Baudrillard nos anos 70, é síntoma desa profunda crise da representación, do vínculo entre gobernante e gobernado. Por outro lado, o espírito de Maio persiste nas súas “vidas posteriores”, é dicir, na busca de distintas vías de actualización da experiencia de organización, expresión e comunicación directa. Como explica Jean-Henri Roger, moitos dos cineastas afectados por Maio negáronse, como a obreira que protagoniza La reprise du travail aux usines Wonder, a volver á fábrica e facer películas como antes, seguiron preguntándose por onde pasaba a fidelidade a Maio e como podería actualizarse en condicións diferente”.
Tirado de -Cine y Mayo del 68, ¿Qué vuelve política una imagen?- de Amador Fernández Savater e David Cortés.

-Folga Xeral (Xan Viñas e Pablo Cayuela, 2012, Galicia, 13′ VO)
O vídeo foi armado a partir de fragmentos de filmes proxectados en datas recentes, na súa meirande parte, no Cineclube de Compostela. É, apenas, un agasallo para o Cineclube, a reunión dos filmes e personaxes que nos aprenderon, dalgún xeito, a pensar unha folga xeral:
P.C. e X.G.V.
https://vimeo.com/39447203

A entrada é de balde