Xoves 25 de agosto ás 22.00: Cinema no xardín: Malpartida Fluxus Village
Malpartida Fluxus Village
(María Pérez, 2015, 73 min.)
O artista alemán Wolf Vostell mudouse coa súa familia á pequena vila estremeña de Malpartida, Cáceres, a mediados dos anos 70. Alí, no medio dunha natureza primitiva, fundou un museo de arte contemporánea en conexión coas persoas habitantes da zona, convertendo Malpartida na primeira vila Fluxus. Para homenaxear a Vostell no que tería sido o seu oitenta aniversario, as e os artistas do grupo Fluxus volven a Malpartida despois de tantos anos…
Máis info en http://www.fluxusvillage.com/es/film
Entrada de balde
Actividade en colaboración co Cineclube Pontevedra