13 junio 2012

Cinema no xardín: Nader e Simín, unha separación



Mércores 13 ás 22:30

O Cineclube de Pontevedra segue a programar no xardín do Liceo, nesta ocasión tócalle o turno ao filme Nadir e Simin unha separación (Jodaeiye Nader az Simin,Asghard Farhadi, 2011, Irán,123′ VOSE)

Nader e Simin son un matrimonio cunha filla.Simin quere abandonar Irán para mellorar a vida. Nader quere quedar polo pai con alzheimer, quere coidalo.

A proxección será en 35mm. ás 22:30, apertura de portas ás 21:00.